Todo libro ten como colaborador ó seu lector .
xoves, 7 de abril de 2022
venres, 25 de marzo de 2022
VIAXAMOS COA BANDA DESEÑADA
Recibimos a maleta viaxeira de banda deseñada. Voluntarias da biblioteca estiveron colocando todos os exemplares para que os poidades mirar con calma e desfrutar.
Lembrade que só estará con nós ata o 19 de abril, así que apurade a levar as vosas eleccións!
venres, 18 de marzo de 2022
PREPARANDO O ESPAZO CREATIVO!
Rematamos de montar o croma que formará parte do espazo creativo que estamos a preparar na sala de lectura "Carlos Casares" do edificio de Secundaria.
Xa estamxs preparadxs para facer unhas fabulosas creacións audiovisuais!
sábado, 12 de marzo de 2022
GAÑADORES DO CONCURSO "QUEN É ELA?"
Ángela Liñares (3ºESO)
Lara Couto (1º ESO)
Miguel Ángel Neira (1º ESO)
Noraboa!
A entrega de premios realizarase na biblioteca este luns día 14 durante o segundo recreo. O resto de participantes pasádevos tamén porque teremos un detalliño para vós, non o perdades 😉
Xunt@s chegaremos á igualdade!
xoves, 10 de marzo de 2022
8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
O 8 de marzo é unha data sinalada para visualizar a desigualdade de xénero que, por desgraza, aínda existe na actualidade. Tamén é unha boa ocasión para reivindicar a loita pola igualdade efectiva de dereitos para as mulleres en tódolos ámbitos.
Os equipos de dinamización do noso centro súmanse a esta reivindicación organizando diversas actividades que permitan concienciar ao noso alumnado sobre este tema.
Durante esta semana quixemos visibilizar a mulleres que destacaron ou destacan en todo tipo de ámbitos organizando un concurso-investigación sobre elas.
O concurso consiste en ler as descricións que hai colgadas diante da biblioteca de Secundaria e intertar unilas coas imaxes e os nomes que hai polos corredores para descubrir a muller relevante que se agocha tras cada descrición.
Só hai que pedir a plantilla na biblioteca, cubrila e entregala á persoa que estea de garda na biblioteca. Aquí podedes ver ao noso alumnado en acción:
En breve desvelaremos o resultado do concurso. Noraboa a tod@s @s participantes!
venres, 4 de marzo de 2022
CAMBIAMOS DE IMAXE EN SECUNDARIA!
Por fin chegaron as novas mesas para a sección de Secundaria! Agora temos un espazo moito máis funcional, accesible e atractivo.
Aquí tedes algunha imaxe do noso novo espazo, pasade a descubrilo!
martes, 22 de febreiro de 2022
PREPARANDO O DÍA DE ROSALÍA
Na biblio xa temos todo preparado para recibir o Día de Rosalía como se merece. Mirade que decoración tan fabulosa na sección de Infantil e Primaria!






