Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

Todo libro ten como colaborador ó seu lector .

venres, 10 de febreiro de 2017

A ARTE E O CINE VAN DA MAN COA LITERATURA


              O Equipo da Biblioteca realizou unha exposición na que se mostran obras literarias estreitamente relacionadas con outras dúas artes: o cine e a arquitectura.
                 Ofrecemos a relación de textos que recomendamos desde a nosa Biblioteca e que son un referente no panorama literario español:

La Regenta de Clarín
El Cantar de Mío Cid
Don Quijote de la Mancha de Cervantes
El capitán Alatriste de Arturo Pérez Reverte
El Lazarillo de Tormes
Cañas y barro de Blasco Ibáñez
El guardián invisible, El legado en los huesos , Ofrenda a la tormenta de Dolores Redondo
La sombra del viento, El juego del Ángel, El prisionero del cielo de Carlos Ruiz Zafón
La mano de Fátima de Ildefonso Falcones





martes, 31 de xaneiro de 2017

Día da Paz


Con motivo do DÍA DA PAZ, OS NOSOS PEQUENOS, realizaron una exposición con persoeiros que, por determinados motivos , acadaron o premio Nobel.




venres, 27 de xaneiro de 2017

Unha de ARTE , por favor !

Arcimboldo
            Pintor italiano do século XVI coñecido polas súas representacións do rostro humano a partir de flores, froitas, plantas, animais ou obxectos.
       A partir da obra deste artista, o alumnado de Primaria creou cadros feitos coas súas fotos e cubriron o seu rostro con recortes de froitas. 
        Con este proxecto, animouse aos máis pequenos ao consumo de froita ao tempo que se divertiron facendo as súas propias obras de arte.

        Aquí tedes unha mostra da exposición que ocupou parte dos corredores do centro.

martes, 20 de decembro de 2016

Nadal 2016

https://issuu.com/issuu-reader3-embed-files/latest/document-page-reader.html

                         O Equipo da Biblioteca deséxavos un Bo Nadal 2016 ! 
                         Neste tempo de lecer as lecturas son unha boa compañía.

                         E se clicades en RECOMENDACIÓNS NADAL 2016  accederedes ás nosas recomendacións .

luns, 7 de novembro de 2016

OS NOSOS PEQUENOS PÁSANO DE MEDO !!!



        No mes de outubro- un ano máis- ,  o Equipo da Biblioteca buscou libros de temática axeitada para celebrar o Samaín , unha festa pagá para celebrar as colleitas, o final do outono e o comenzo do inverno.
     Decorou a biblioteca con cadros, esqueletes, e fixo unha pequena exposición de libros.



    

Un marcapáxinas de ARTE E MEDO


     O alumnado de 1º de ESO botou a voar a súa imaxinación e elaborou un marcapáxinas persoal terrorífico .

     Se clicades neste enlace poderedes ver os seus traballos.  METE MEDO A ARTE QUE TEÑEN !!!



venres, 4 de novembro de 2016

Samaín e Halloween van da man !


   
 
   O Departamento de Inglés celebrou o Samaín cunha exposición de cabazas moi especial. O tema central foi AS ARTES _lema das Bibliotecas Escolares_ na que o alumnado tiña que deixar voar a súa imaxinación .
    Aquí vos ofrecemos unha mostra das súas OBRAS DE ARTE .

                   Happy Halloween e Feliz Samaín!