O día 8 de marzo no CPI Plurilingüe Antonio Orza Couto conmemoramos o Día Internacional da Muller cunha Instalación Artística sobre personalidades femininas que destacaron nos diferentes ámbitos.
A actividade foi promovida polo equipo da biblioteca e coordinada polas profesoras e profesores dos distintos departamentos do Centro. O alumnado da E.S.O. realizou un traballo de investigación sobre as mulleres para poder confeccionar fichas que formarán parte dun arquivo de mulleres notables e que estará a disposición para a súa consulta na biblioteca do Centro.
O material producido foi organizado en formato “instalación artística” na entrada do edificio de secundaria de modo que todas e todos os que entren no Centro poidan desfrutar da exposición de maneira interactiva, xa que é posible “entrar” no espazo creado para acceder á lectura da información.
O alumnado de 1º da ESO, ademais de traballar nas fichas, colaborou facendo unhas orixinas flores de papel durante as clases de Plástica, completando así a composición.
Ningún comentario:
Publicar un comentario