A ONU (Organización de Nacións Unidas) estableceu o 11 de febreiro como o "Día Internacional da muller e a nena na ciencia" como recoñecemento ao importante papel que tiveron as mulleres na ciencia e na tecnoloxía e para lograr a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e nenas, loitando así pola igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e nenas.
Para conmemoralo propoñémosvos unha serie de lecturas que xa están na biblioteca para que coñezades máis algunha destas figuras:
Tamén podedes ver esta serie de animación sobre diferentes científicas: https://mujeresconciencia.com/2019/11/19/serie-de-animacion-la-mujer-en-la-ciencia/
E convidarvos a visitar esta exposición virtual onde coñeceremos algunha destas figuras:
https://exxperimentaenfeminino.webs.uvigo.es/exposicion-virtual_gal/
Ademais queremos solidarizarnos coa campaña #NoMoreMatildas, da Asociación de Mujeres Investigadoras e Tecnólogas (AMIT), que pretende denunciar as consecuencias do chamado efecto Matilda, polo que non só se negan as aportacións e traballo de moitas mulleres científicas, senón que se da a súa autoría a compañeiros de investigación, que levan os méritos do traballo.
Para saber máis sobre esta campaña pinchade no seguinte vídeo:
Ningún comentario:
Publicar un comentario